Back to top
Torna a la llista de diccionaris en línia

Vocabulari de les xarxes socials

Vocabulari de les xarxes socials - Presentació

© Autoría: TERMCAT, Centro de Terminoloxía; Realiter
© Edición: TERMCAT, Centro de Terminoloxía, 2014-2023

 

Este vocabulario contén 176 termos relacionados coas diferentes redes sociais. Cada termo presenta as denominacións equivalentes en sete linguas románicas (catalán, castelán -variantes de Europa e de México-, francés, galego, italiano, portugués -variantes de Europa e do Brasil- e romanés), cos indicadores de categoría gramatical correspondentes, e tamén en inglés. As definicións figuran en catalán e, nalgúns casos, tamén en castelán.

Elaborouse no marco do Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), que ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento das linguas románicas. A coordinación do proxecto correu a cargo do TERMCAT, que facilitou a nomenclatura de partida en catalán, castelán, francés e inglés e as definicións procedentes da Terminologia bàsica de les xarxes socials, que elaborou en 2012 coa colaboración da Generalitat de Catalunya. No entanto, este dicionario é un produto que se mantén aberto á actualización permanente do seu contido.

Desde a lapela Consulta de termes ('Consulta de termos’), pódese ou ben acceder á lista alfabética de todas as denominacións (para cada un dos idiomas do dicionario) e despregar as fichas, ou ben facer directamente na caixa Text de la consulta (‘Texto da consulta’)  buscas simples ou avanzadas (en calquera dos idiomas do dicionario).

 

Equipo de traballo
Árbore do campo

 

Autoría:

Realiter    

 

Edición:

 

TERMCAT, CENTRE DE TERMINOLOGIA; REALITER. Vocabulari de les xarxes socials [en línia]. Barcelona: TERMCAT, Centre de Terminologia, cop. 2014-2023. (Diccionaris en Línia)
<https://www.termcat.cat/ca/diccionaris-en-linia/156>

 

Darrera actualització: 12-01-2024