Back to top
Torna a la llista de diccionaris en línia

Vocabulari multilingüe de la sida

Vocabulari multilingüe de la sida - Presentació

© Autoría: TERMCAT, Centro de Terminoloxía; Realiter
© Edición: TERMCAT, Centro de Terminoloxía, 2011

 

Este dicionario incorpora máis de 400 termos relativos á infección polo VIH e a sida que se empregan decote no ámbito asistencial. Pódense atopar termos relacionados coas características biolóxicas do VIH, con aspectos epidemiolóxicos e clínicos da infección polo VIH e a sida ou co tratamento da doenza. Cada termo presenta as denominacións equivalentes en sete linguas románicas (catalán, español –variantes de Europa e México-, francés, galego, italiano, portugués –variantes de Europa e o Brasil- e romanés), con indicador de categoría gramatical, e tamén en inglés.

Desde a pestana Consulta de termes (‘Consulta de termos’) pódese ou ben acceder á listaxe alfabética de todas as denominacións (para cada un dos idiomas do dicionario) e despregar as fichas, ou ben realizar directamente no cadro Text de la consulta (‘Texto da consulta’) buscas simples ou avanzadas (en calquera dos idiomas do dicionario).

O dicionario elaborouse no marco do Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), creada por iniciativa da Unión Latina, que ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento das linguas románicas. A coordinación do proxecto recaeu en TERMCAT, quen facilitou a nomenclatura de partida en catalán, castelán, francés e inglés.

 

Equipo de traballo

 

Autoría:

Realiter    

 

Edición:

 

TERMCAT, CENTRE DE TERMINOLOGIA; REALITER. Vocabulari multilingüe de la sida [en línia]. Barcelona: TERMCAT, Centre de Terminologia, cop. 2011. (Diccionaris en Línia)
<https://www.termcat.cat/ca/diccionaris-en-linia/134/>

 

Darrera actualització: 29-09-2023