Back to top

Vocabulari de les xarxes socials

Presentació

Vocabulari de les xarxes socials - Presentació

© Autoría: TERMCAT, Centro de Terminoloxía; Realiter
© Edición: TERMCAT, Centro de Terminoloxía, 2017 (Primeira edición: 2014)

 

Este vocabulario contén 155 termos relacionados coas diferentes redes sociais, especialmente Facebook e Twitter. Cada termo presenta as denominacións equivalentes en seis linguas románicas (catalán, castelán -variantes de Europa e de México-, francés, galego, italiano e portugués -variantes de Europa e do Brasil), cos indicadores de categoría gramatical correspondentes, e tamén en inglés. As definicións figuran en catalán e, nalgúns casos, tamén en castelán.

Elaborouse no marco do Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), que ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento das linguas románicas. A coordinación do proxecto correu a cargo do TERMCAT, que facilitou a nomenclatura de partida en catalán, castelán, francés e inglés e as definicións procedentes da Terminologia bàsica de les xarxes socials, que elaborou en 2012 coa colaboración da Generalitat de Catalunya. No entanto, este dicionario é un produto que se mantén aberto á actualización permanente do seu contido.

Desde a lapela Consulta de termes ('Consulta de termos’), pódese ou ben acceder á lista alfabética de todas as denominacións (para cada un dos idiomas do dicionario) e despregar as fichas, ou ben facer directamente na caixa Text de la consulta (‘Texto da consulta’)  buscas simples ou avanzadas (en calquera dos idiomas do dicionario).

 

Equipo de traballo

 

Autoría:

Realiter    

 

Edición:

 

TERMCAT, CENTRE DE TERMINOLOGIA; REALITER. Vocabulari de les xarxes socials [en línia]. 3a ed. Barcelona: TERMCAT, Centre de Terminologia, 2017. (Diccionaris en Línia)
<https://www.termcat.cat/ca/diccionaris-en-linia/156>

 

Darrera actualització: 26-09-2019